Friday 17 de May de 2024

A Policía Local detecta o consumo de drogas nun conductor que se viu involucardo nun accidente de circulación


O sinistro tivo lugar na tarde do domigo en San Lázaro e nel viuse implicado un vehículo cuxo condutor deu positivo por consumo de cocaína

As drogas, baixo control. A Policía Local de Santiago someteu a un control específico, que determina a inxesta ou non de drogas, a un condutor que se viu involucrado nun accidente de circulación ocorrido a tarde do domingo na rotonda que conforman as rúas San Lázaro e o acceso da SC-20. O condutor levantou as sospeitas dos axentes de conducir baixo os efectos de sustancias estupefacientes; fixéronlle a proba e botou un resultado positivo en consumo de cocaína.

Desde comezos do ano 2013 existe un dispositivo adquirido polo Concello para detectar o consumo de estupefacientes que foi posto a disposición do Equipo de Investigación de Accidentes da Policía Local, por ter estes integrantes unha formación específica para poder desenvolver as probas. O aparello analiza a saliva aos condutores e entre 5 e 10 minutos máis tarde ofrece un resultado que permite detectar o consumo de cocaína, anfetaminas, opiáceos, cannabis, benzodiacepinas, metanfetaminas e metadona.

A importancia dos controis preventivos policiais está fóra de dúbida, xa que a influencia negativa destas sustancias na condución está amplamente estudada. Durante os controis policiais conxuntos de alcol e drogas, realizados periodicamente na nosa cidade, primeiro realízase a proba de alcoholemia por aire expirado de todos coñecida; e a continuación realízase unha observación dos signos que presenta o condutor (nerviosismo, suores, euforia, fala dificultosa….) para comprobar se existe ou non posible influencia do consumo de sustancias na súa capacidade para conducir. Se existisen signos, realízase o test de saliva. Para iso, os condutores reciben un dispositivo, parecido a un pequeno “chupa chups”, que teñen que impregnar con saliva, ofrecendo un resultado que indicará se hai presenza ou non de drogas.